jueves, 25 de abril de 2024

SOMOS NÓMADES

DA TEORÍA DE PROCESOS

E DA TECNOLOXÍA TÉXTIL

DE ROTEIROS E DE RIBAS
A Techne Téxtil.
O Códice.













Roteiros no mar.
Somos nómades.
Soamente son mutacións nunha creatividade diverxente.
A tecnoloxía e as funcións dos sistemas vivos.
Todo é así.
O desequilibrio vital crea a necesidade e, a satisfacción da mesma nunhas condicións de contorna, determina a realización de certas accións encamiñadas ao logro dun equilibrio dinámico no sistema.
Estas accións dos seres vivos, denominadas funcións vitais precisan da sabedoría e quedan reflectidas no habitar e na memoria colectiva e, deste xeito, teñen lugar mutacións no complexo habitable e na sociedade e ao mesmo tempo aportan tamén unha experiencia no emprego da tecnoloxía por parte dos seres vivos en xeral e dos seres humanos en particular.
Nutrición, reproducción e relación son funcións vitais que ocorren nun hábitat determinado e fan nacer as tecnoloxías que orixinan os cambios.
Captación, transporte e gardado do alimento.
Abrigo, vestido, adorno, control da temperatura do niño ou da casa.
Reproducción, mobilidade e relacións.
A variación do grao de complexidade nos procesos da vida deriva na fragmentación das relacións existentes e xera conflictos entre a compoñente humana, a sabedoría ou tecnoloxía e o complexo habitable.
Da variación na representación da imaxe nace a diversidade da lingua escrita nun proceso de cambio do grao de iconicidade e dos erros na transmisión e captación do son mana a variedade da fala.
Todo é necesario na arte de variar, na arte da vida.
A fragmentación das funcións, a diversidade na emisión, transmisión e recepción da sabedoría ou coñecemento e os cambios nas condicións da contorna entre outros sucesos aleatorios, son catalizadores das variacións nos procesos da vida.
A tecnoloxía téxtil é a base dos cambios que ocorren dende as revolucións industriais ás revolucións dixitais.
Sebes, cabaceiros e casas, canizos, cordas, barcos e nasas.
Transformamos as linguas e as ferramentas en armas para resolver os conflictos pero esquecemos o valor das accións e da palabra.
O poder e o servir.
A potencia e o acto.
Somos o que facemos.
Facemos o que creamos.
Tecemos as liñas do noso destino.
Somos nómades, coñecemos a arte dos creadores de sendas, tecendo helicoides coas liñas e as mans.
Tecemos camiños na auga na procura da terra prometida.




Facemos riscos e petróglifos, escribimos libros, lembramos o son, de roteiros e de ribas.
Collemos o timón coma o Homem do Leme e trazamos o rumbo das nosas vidas.



Escribimos no diario da navegación.
Somos peixes na Era do Peixe.
Somos nómades, somos os fillos da Cocos nucifera, a árbore da vida. 
Somos os viaxeiros das augas e andamos á deriva.
Os naufraxios son a nosa memoria no fondo dos mares.
Somos de auga e somos de ribas.


O POBO PÚRPURA
Cartografías das viaxes e das  ribas.
A chave do Códice.

















Creamos a lingua na iconicidade.



















Petróglifos nas laxes dos asentamentos da costa.

Esta obra aberta e en permanente cambio é unha versión creativa da Cosmogonía Drupa da Gallaecia Tropical, da Historia dos Phoinikes, o pobo púrpura e tamén do  trazado dos roteiros do comercio marítimo, polo Mare Nostrum e tamén costeando o Mar Tenebrosum máis aló das columnas de Hércules, a historia das navegacións, a historia dos argonautas e hidronautas.
Construimos barcos de vime e madeira  e facemos camiños no mar. 
Unha recreación das naves phoinikes.

https://www.worldhistory.org/trans85_5.pdf/es/2-897/los-fenicios-expertos-marineros/

https://blogcatedranaval.com/2020/04/07/las-naves-fenicias/

https://namorarte.gal/la-ruta-de-los-fenicios-desde-canaan-hasta-las-costas-de-galicia/

https://www.shutterstock.com/es/search/barco-fenicio

https://oceanartproject.blogs.upv.es/2022/11/07/barcos-fenicios-de-mazarron/

https://youtu.be/-xujsLZHnsY

https://youtu.be/qcEgVIIJk6Y

https://youtu.be/uXQSd7-AQ8A

Falamos a lingua dos phoinikes coñecemos os procesos da etimoloxía e da iconicidade.

https://es.wikipedia.org/wiki/Alfabeto_fenicio

https://feniciaymas.blogspot.com/

http://www.proel.org/index.php?pagina=alfabetos/fenicio

https://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/26/22/07correa.pdf

https://es.glosbe.com/phn/es

https://www.academia.edu/27766465/Fernand_Braudel_Memorias_del_Mediterraneo

https://cvc.cervantes.es/literatura/america_utopias/02_reyes.htm

https://cvc.cervantes.es/el_rinconete/anteriores/agosto_02/26082002_02.htm

https://feniciaymas.blogspot.com/2009/11/alfabeto-fenicio_17.html

http://www.proel.org/index.php?pagina=alfabetos/fenicio

https://www.academia.edu/502956/Fenicio_Phoenician_Language_and_Writing_system_

https://es.wiktionary.org/wiki/Plantilla:alfabeto_fenicio

https://es.wikipedia.org/wiki/Alfabeto_r%C3%BAnico

Son de río, son de mar, son de auga, son de peixes, son de barcos, son de xentes, son de mentes diverxentes, son de carisma e son de amor.


 

A OBRA

01.- A nave nai.

Unha interpretación creativa dunha Golàh, o barco phoinike, coñecida en grego como gaulos, empregada no comercio marítimo.
O intercambio é a esencia da nutrición e reproducción das sociedades humanas.
01a Golàh nai.
195€ 

  





02.- A frota phoinike.

Interpretación creativa dun conxunto de tres embarcacións phoinikes de tamaño medio e unha ducia de tamaño menor que navegan polos roteiros da costa ou dos ríos, atracan nos peiraos e traen os produtos cos que as xentes comercian. Imaxinade unha frota de moliceiros na Riba de Aveiro ou os barcos rabelos nos peiraos de Porto.
02a Golàh I
45€












02b Golàh II
45€













02c Golàh III
45€













02d Golàh IV
15€

















02e Golàh V
15€



















02f Golàh VI
15€




















02g Golàh VII
15€















02h Golàh VIII
15€















02i Golàh IX
15€ 

















02k Golàh X
15€
















02l Golàh XI
15€













02m Golàh XII
15€














02n Golàh XIII
15€















02o Golàh XIV
15€














02p Golàh XV
15€













03.- As naves varadas.

Interpretación creativa de tres embarcacións phoinikes ou derivadas, de tamaño medio, encalladas nos areais, esperando a preamar ou altura máxima que acada o nivel da auga do mar durante o fenómeno da marea para poder navegar.
03a Varada I
145€



















03b Varada II
145€




















03c Varada III
145€












04.- O pecio e a xávega.

Interpretación creativa dun depósito arqueolóxico, produto dun naufraxio ou afundimento das expectativas comerciais e do poder efémero, que está situado no fondo do mar cunha rede ou xávega na que hai un ser mariño atrapado. A rede de pesca é unha metáfora da ampla rede creada polos grupos humanos para atrapar xentes a través da constante e interminable creación de necesidades, expresión suprema do poder comercial. 
As artes de pesca representan gran parte da tecnoloxía da función de nutrición.
Nestas odiseas tamén ocorren os naufraxios, o tributo doloroso ás funcións vitais.
As xentes que escravizan e comercian cos seres vivos.
As traxedias dos migrantes.  
Traxedias no mar.
04a O pecio e a xávega
195€











05.- A nasa, a cadea e os peixes.

Interpretación creativa dunha arte de pesca formada por unha armazón helicoidal  de vime, cunha abertura en forma de funil nunha base e cunha tapadeira na outra para pechala que se emprega para a pesca de peixe ou marisco. 
Beware of the Internet. Redes e adiccións.
05a Nasa
195€

















Chega o tempo de liberarnos das redes.


06.- Criaturas do mar profundo.

Interpretación creativa das criaturas do mar profundo que aparecen representados na cartografía dos roteiros e nos portolanos das ribas. Son os medos ancestrais e do futuro.
Peixes e criaturas no mar.
(SEMK)
06a Peixe I
150€









06b Peixe II
100€










06c Peixe III
90€
















06d Peixe IV
50€













06e Peixe V
30€













06f Peixe VI
30€















06g Peixe VII
40€












06h Peixe VIII
25€












06i Peixe  IX
25€










06k Peixe  X
15€
















06l Peixe  XI
5€
















06m Peixe  XII
40€








06n Peixe  XIII
40€







06o Peixe  XIV
10€












06p Peixe  XV
10€


















06q Peixe  XVI
20€









06r Peixe  XVII
20€







06s Peixe  XVIII
20€









06t Peixe  XIX
15€









06u Peixe  XX
10€









06v Peixe  XXI
50€




07.- O banco de peixe.

Interpretación creativa dun grupo de peixes nadando nunha dirección e algún deles na contraria. Os bancos de peixe son o obxectivo da explotación pesqueira. Reflicten unha sociedade humana anulada polos grupos de poder, realizando actividades repetitivas e outras rutinas que fan necesaria a apertura de novas sendas.
A diversidade en desequilibrio propicia a entrada en acción da diverxencia creativa nos procesos da vida.
07a A diverxencia necesaria
195€






08.- Ondas e orbes.

Onda no mar, Terra plana, Terra unilateral, Terra oca e Terra esférica.
08a O barco e a onda do mar
20€













08b Circunnavegación I
25€










09.- O pobo Drupa.

O relato de Coco@.
A viaxe do pobo Drupa.
Na súa orbe interior hai auga.
A súa palabra é unha raizame que brota pola boca.
Navegan polas grandes augas.
O pobo Drupa era representado pola curva trisectriz tridimensional da noz do Cocos nucífera en lingua Cananea o mono (QOP)

09a Drupa I
25€
















09b Drupa II
25€















09c Drupa III
25€
















09d Drupa IV
25€
















09e Drupa V
25€
















09f Drupa VI
25€















09g Drupa VII
25€














09h Drupa VIII
25€















09i Drupa IX
25€
















09k Armadura Drupa
30€











10.- A cosmogonía dos Drupa.

Vexo a través fiestra da galería a cosmogonía dos Drupa.






































Vidros.
A Deusa Noz.
Os Drupa están sempre inmersos nos procesos da vida, habitan os lugares la costa e constrúen os muros (HET) da casa (BET), abren a porta (DELT) ás xentes nómades e amosan grande hospitalidade. Xuntamos a man (YOD) coa palma da man /KAP) e convídanme a entrar; considero esto unha boa sinal (TAU) da cruz das mans, despois sento con eles arredor do lume, abrimos a boca (PE), amosamos os dentes (ŠIN) sorrindo e comemos peixe (SEMK), logo ollo (AIN) pola fiestra (HE) unha árbore de Cocos nucífera arqueada sobre a terra e a auga (MEM) do mar, descólganse e caen os froitos (QOP) e sulcan os mares (MEM) varando nos areais ou nos peiraos dos asentamentos que permiten o intercambio para nutrirse e perpetuar a especie.
Nos areais hai xentes con cabezas de gando (ROS), bois (ALP) tirando de grades con rodas (TET), persoas con aguillón (LAMD) para o gando, camelos (GAML) do deserto, traen colgadas de estacas criaturas da auga ou anguías (NUN) pescadas con anzó (WAU) e outros portan ferramentas ou artellos (ZAI) de caza (SADE)
Unha metáfora visual dunha fiestra na que aparece unha árbore que produce as drupas que logo caen ao mar e navegan.



A chave é a fiestra.
10a A deusa Noz
450€






















11.- A arca do tesouro.

Do tecido e da madeira nace a arca que contén o códice das Alianzas.
O grande tesouro dos seres humanos está na celebración e no compartir.
Peixes no pan, compartindo o xantar na mesa.





A Arte da Hospitalidade.
"Isto ocorreu na parroquia de Darbo, na véspera do dezaseis de agosto do ano mil oitocentos oitenta e tres, nunha casa vella, unha casa terreña, unha casa de lareira, paradigma da arquitectura tradicional, sen soto nin sobrado, a carón da congostra que vai dende o camiño vello de San Roque ao adro, o adro que ten unha capela e dous piñeiros mansos, o adro onde hai un alpendre e un cruceiro, o adro dende o que miras a entrada da ría coas illas atlánticas ao fondo.
Na casa habitaba unha viúva, a viúva era unha muller entrada en idade, a viúva ía descalza e vestida cun vestido verde acordoado na cintura, o cordón era un cordón dourado que tiña tres cunchiñas de vieira feitas en prata.
Mentres ela preparaba o pouco que tiña de cea, alguén petou na porta con postigo e abrindo a caravilla da folla da fiestra apareceu diante dela unha moza con aspecto canso.
Abriu a porta e convidouna a entrar. A rapaza traía unhas sandalias cos pes manchados da terra do monte; a vella descalzouna e quentou unha ola de auga con sal, e vertendo a auga dentro dunha almofía, cinguiu unha toalla e ofreceuse para lavarlle os pés.
Durante o lavatorio, a moza experimentaba un pracer inmenso que manifestaba a través dos cantos que facía coa súa voz, unha voz fermosa coma a voz dunha soprano, mentres os dedos suaves das mans da viúva deslizaban entre as dedas dos seus pés.
Pracer, pracer longo e inmenso co contrapunto das cóxegas dispersas na melodía.
Despois de enxugarlle os pés, colleu unha cunca de madeira, chea de piñóns, que estaba no sinxelo alzadeiro da cociña e logo verteu as sementes do piñeiro sobre unha tixola de ferro quente colocada sobre a trepia.
Xa coa cor tostada e o arrecendo inundando a estancia aberta, sementou os grans enriba de manteiga de vaca untada sobre o pan de millo, do mesmo xeito que se sementa o centeo sobre a terra labrada, e botou mel sobre o bocado. Mentres sentaba nun tallo de cañoto de salgueiro ofreceulle a súa propia cea a aquela moza.
Estiveron conversando a carón do lume da lareira longo tempo e despois a moza deitou no camastro de xergón de follaco mentres a viúva quedaba durmida sentada no cañoto.
Ao día seguinte, cando espertou a vella, a moza xa abandonara a casa e ollou que a moza deixara as sandalias ao pé do camastro."
O Libro da Hospitalidade.
Manuel Pena Rodríguez.

Recreando o relato contido no Éxodo 2 1-10, o berce tecido en xuncos que viaxou nas augas agora é unha arca que contén os códigos das alianzas.
11a Alianzas
450€
















11b Peixe e pan I
45€














11c Peixe e pan II
45€








12.- Era Ichthys

Interpretación creativa dun grupo diverxente de peixes autónomos e sincronizados.

12a Ichthys I
60€







12b Ichthys II
30€









12c Ichthys III
30€









12d Ichthys IV
30€







12e Ichthys V
30€






13.- A madeira, a terra e o lume.

Interpretación creativa da tecnoloxía e dos cambios na materia e no medio atrapados na liña do tempo.
13a Produto I
15€











13b Produto II
15€










13c Produto III
15€











13d Produto IV
15€








14.- A Revolución dos Galorchos.

A Revolución e a Nova Era.
Era Ichthys.
O camiño e a busca, a viaxe definitiva, a odisea, o mastro do barco, na grande batalla interior, entre o Poder e o Servizo.
Chega á Terra, dende As Grandes Augas, chega a Era de Compartir, a Era da Diversidade, a Era da Diverxencia, a Era da Sabedoría, a Era do Servizo.
Todo comezou no vixésimo quinto día do mes de Abril dun ano calquera.
25A
























Interpretación creativa da Boa Nova e a escolla da mensaxe e dos mensaxeiros.
Pescadores de xentes.











O Hermes mitolóxico da arte urbana.
14a O Mensaxeiro alado
150€



































CURRICULUM

MANUEL PENA RODRÍGUEZ
Cangas de Morrazo1961.
ARQUITECTO 1987.
PROFESOR DE DEBUXO 1994.
 
CAMPOS DE ACTIVIDADE CREATIVA.-
ARQUITECTURA, ESCULTURA, PINTURA E AUDIOVISUAL.
ARTESÁN CESTEIRO EN EDICIÓNS DA FESTA DA HISTORIA DE RIVADAVIA E NA FESTA DE PEPA A LOBA EN CARBALLIÑO.
OBRA COLECTIVA DE CESTERÍA CON IDOIA CUESTA E JULIA DE LA CAL NA CIDADE DA CULTURA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
INVESTIGACIÓN, ESCRITURA E SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN.
ENSINO E SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE.
CONTIDOS PLÁSTICOS, VISUAIS E AUDIOVISUAIS.
 
 
CONCURSOS DE ARQUITECTURA.-
> 1988 COLEXIO APARELLADORES DE VIGO.
LEMA: SAINDO DO LABIRINTO. Primeiro premio.
> CONCURSO DE ANTEPROXECTOS PARA A REHABILITACIÓN DA CASA DA CONGA. LEMA: REFERENCIAS. Accesit.
> 1997 CONCURSO PARA CONSTRUCCIÓN PASARELA EN MARÍN.
LEMA: REFERENCIAS Primeiro premio.
*La Voz de Galicia. Martes, 25 de noviembre de 1997.
* A comarca do Morrazo. 12 decembro 1997.
*FARO DE VIGO. Miércoles, 12 de agosto de 1998. Página 14 MARÍN.
*A comarca do Morrazo.  25 setembro 1998. Páxina 21.
 > 1997 CONCURSO DE IDEAS DESEÑO MOBILIARIO URBANO DE CANGAS. LEMA: COTIDIANA HARMONÍA Accesit.
LEMA: DESEÑO. Accesit.
*La Voz de Galicia. Jueves, 11 de diciembre de 1997.
 > 2002 CONCURSO ANTEPROXECTOS ACCESOS ESTACIÓN MARÍTIMA CANGAS.
LEMA: ESPAZOS URBANOS. Primeiro premio.
*Atlántico. 3 julio 2002. Área Metropolitana 16.
* FARO DE VIGO. Miércoles, 3 de julio de 2002. O MORRAZO 5.
* Atlántico. Viernes, 5 de julio de 2002. MORRAZO 21.
* Atlántico. Lunes, 22 de marzo de 2004. Área Metropolitana 16.
 
 ARQUITECTURA.-
> 1987/2017 ACTIVIDADE PROFESIONAL NA ARQUITECTURA RESIDENCIAL E INSTITUCIONAL.
 
OBRA EN EXPOSICIÓNS.-
 >1991 URXENCIAS II ARTE ABASTOS MOAÑA/ PLAZA DE ABASTOS. DO 20 AO 28 DE XULLO DE 1991. Colectiva.
* DIARIO  DE PONTEVEDRA. Jueves, 1 de agosto de 1991. Páxina 8.
>1991 LUGARES DE CANGAS. CANGAS/ BAR CELTA Individual.
>1992 PERCIBIR, NIVEL MÚLTIPLO. CANGAS, CASA DA CULTURA. Individual. 
>1992 POLA SOLIDARIEDADE. CANGAS, CASA DA CULTURA. Colectiva. 
>1992 LENDA DA ARTE, ARTE DA LENDA. VIGO/ ACD CANDEÁN. Colectiva.
>1993 ARTISTAS DO MORRAZO. CANGAS/ CASA DA CULTURA. Colectiva. 
>1993 ARTISTAS DO MORRAZO. BUEU/ CASA DA CULTURA. Colectiva.
>1993 NO FÍO DA TRADICIÓN. RIBADAVIA/ PUB ALJAMA. DO 3 AO 6 DE AGOSTO DE 1993. Colectiva.
* La Voz de Galicia 5/VIII/93 6ª Edición: O Ribeiro- O Carballiño.
>1993 CANGAS 1617. CANGAS/ BAR BORGA. DO 25/8/1993 AO 25/9/1993. Individual.
>1997 V COLECTIVA DE PINTURA E ESCULTURA. “ARTE NO MORRAZO”. II CERTAME ILMO CONCELLO DE CANGAS FRIGORÍFICOS DO MORRAZO. CANGAS/ CASA DA CULTURA. DO 4 AO 31 DE XULLO DE 1997. Colectiva.
>2000 PINTURA. PONTEVEDRA/ GALERÍA SARGADELOS. Individual.
> 2002  “2X2 dous proxectos por dous arquitectos”. Conferencia e exposición da obra.
2xmanuel pena arquitecto / 2xHIGSON COSTA GUERRA. Xoves, 3 outubro 2002.
>2011 X CERTAME DE FOTOGRAFÍA “MULLERES”. CANGAS/ AUDITORIO MUNICIPAL. Colectiva.
>2011 XIX COLECTIVA DE PINTURA E ESCULTURA. “ARTE NO MORRAZO”. XVI CERTAME ILTMO. CONCELLO DE CANGAS FRIGORÍFICOS DEL MORRAZO CANGAS/AUDITORIO MUNICIPAL Colectiva.
>2012 XX COLECTIVA DE PINTURA E ESCULTURA. “ARTE NO MORRAZO”. XVII CERTAME ILTMO. CONCELLO DE CANGAS FRIGORÍFICOS DEL MORRAZO CANGAS/AUDITORIO MUNICIPAL Colectiva.
>2014 ARTE EFÉMERA, ARTE DO LUGAR OU LAND ART “A CANCELA DA AUGA”, “HAI PALABRAS QUE NON LEVA O VENTO”, “FLUIR” E “DOMOS” ABRIL 2014. Individual.
>2015 “ALISO” BIBLIOTECA DAS MADEIRAS DO MUNDO ANO I. CANGAS/AGUSTÍN BASTÓN ESTUDIO. MAIO 2015. Colectiva
>2015 “ERA ICHTHYS” LA MOLIENDA. CANGAS. 29 DE XUÑO 2015. Individua.
>2016 “25N”/ A PRAZA DO SEIXO/ TOMIÑO. Colectiva.
>2017 “LIBRI LIGNEI” E “LIBER LIGNEUS 2017” BIBLIOTECA DAS MADEIRAS DO MUNDO ANO III. CANGAS/AGUSTÍN BASTÓN ESTUDIO. DO 17 AO 28 DE MAIO 2017. Colectiva.
https://librosdemadeira.blogspot.com/
 >2017 “A-ARTE-SANA” AGASALLA CREATIVIDADE. LA MOLIENDA. CANGAS/ DO 22 DO 12 2018 AO 7 DO 1 DO 2018. Colectiva.
>2017 “NASAS” NA EXPO “A DEFENSA DA VILA”. DOMINGO 10 DECEMBRO DO ANO 2017. Exposición de artesanía.
https://www.facebook.com/manuel.pena.524381/posts/pfbid015oRBwG9BsCrkkeGWkQGTyHmhLr1wuKmyWWqciMcVcRN144TbDPWg1pUoe8xQ2jCl
>2018 “SANDALIAS DE MULLER”. O LIBRO DA HOSPITALIDADE. BIBLIOTECA DAS MADEIRAS DO MUNDO ANO IV. CANGAS/AGUSTÍN BASTÓN ESTUDIO. DO 17 AO 27 DE MAIO 2018. Colectiva
https://sandaliasdemuller.blogspot.com/
>2018 ARTE DE VARIAR . CAPELA DO HOSPITAL/DO 22 FEBREIRO AO 4 MARZO 2018. Individual.
>2019 “ESCULTURA EN CESTERÍA”. O FOGAR DO BÁRBARO. FEBREIRO 2019. A CAÑIZA Colectiva. Imparte un obradoiro de arte téxtil.
>2019 “O LIBRO DA AUGA”. BIBLIOTECA DAS MADEIRAS DO MUNDO ANO V. CANGAS/AGUSTÍN BASTÓN ESTUDIO. DO 17 DE MAIO AO 11 DE XUÑO 2019. Colectiva.
https://olibrodaauga.blogspot.com/
>2023 “O BOI E A CASA”. BIBLIOTECA DAS MADEIRAS DO MUNDO ANO VIII. CANGAS/AGUSTÍN BASTÓN ESTUDIO. DO 17 DE MAIO AO 11 DE XUÑO 2023. Colectiva.
https://oboieacasa.blogspot.com/
> 2023 “NA PORTA DE BUEU”. ARTE EFÉMERA ALFOMBRA EN BUEU NO CORPUS CRISTI 11/06/2023. Deseño individual e traballo colaborativo.
https://www.facebook.com/100003154943946/videos/228944856594899/
>2023 NACE O PROXECTO ARCHONTOPHOENIX CUNNINGHAMIANA OU "THE BANGALOW PALM PROJECT” QUE REUNE ARTISTAS DIVERSOS PARA O DESFRUTE NA CREATIVIDADE ARTE E NA CONVERSA. Colectiva.
https://thebangalowpalmproject.blogspot.com/
>2024 "DE ROTEIROS E DE RIBAS" DO 27/04/2024 AO 03/05/2024 EN LANDOX, MATOSINHOS.
>2024 "PORTO ALDANO" DO 09/12/2024 AO 11/02/2025 NO BAR PINELA, ALDÁN, CANGAS.

 
OUTROS MÉRITOS.-
>1990 CONGRESO INTERNACIONAL DE ARQUITECTURA INSTITUCIONAL
Ver páx 32/34 das Actas Congreso Internacional de Arquitectura Institucional.
>1994 SUFICIENCIA INVESTIGADORA EN ARQUITECTUTRA RELATIVA AOS CURSOS DE DOUTORAMENTO.
>2013 RELATOR CURSO IMPARTIDO EN CFR PONTEVEDRA. “DA TRADICIÓN A ESCOLA. A CESTERÍA COMO RECURSO EDUCATIVO.”
>2014 RELATOR CURSO IMPARTIDO EN CFR PONTEVEDRA “FOMENTANDO A CREATIVIDADE”.
> 2016/2024 DESEÑO GRÁFICO DOS CARTACES PARA DIFERENTES EDICIÓNS DA  “BIBLIOTECA DAS MADEIRAS DO MUNDO”.
>2017 COORDINADOR DO SEMINARIO EN CFR VIGO. “A CURTA COMO PROXECTO PARA ADQUIRIR E AVALIAR COMPETENCIAS”.
>2018 AULA ABERTA “CONSTRUIR CON TECNOLOXÍA TÉXTIL” /ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA. VILA NOVA DE CERVEIRA. 9 XUÑO 2018. Individual.
https://esg.pt/aula-aberta-manuel-pena/
>2020 INTERVENCIÓN NA CURTAMETRAXE “QUIÉRETE” BAIXO A DIRECCIÓN DE RUBÉN RIÓS. VIGO 10/01/2020. Actor figuración.
https://www.farodevigo.es/sociedad/2020/01/10/cortometraje-da-voz-vigo-personas-15398020.html
> 2020 “KIRIGAMI”
https://epvaiesmestrelandin.blogspot.com/2020/03/kirigami.html
>2021 DIRECCIÓN ARTÍSTICA DA CURTAMETRAXE “CUARTOS DE LÚA” no FIC BUEU. Obradoiro de cinema colectiva. Lámpada de atrezzo. Deseño gráfico da camiseta non oficial.
https://www.ficbueu.com/es/el-primer-largometraje-de-tolentino-y-los-cortos-de-los-talleres-abren-el-ficbueu-2021/
> 2021 INTERVENCIÓN E COLABORACIÓN NO GUIÓN DO CAPÍTULO  “VICTOR VISITA CANGAS DO MORRAZO” DA SERIE SEN CÓDIGO POSTAL DA RTVG. Colectiva.
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/sen-c-digo-postal-ii-22-5439278?t=7
>2024 OBRADOIRO DE TECNOLOXÍA TÉXTIL NO IES ML DE MARÍN.

PUBLICACIÓNS.-
BLOGS
3D44D3
https://3d44d3.blogspot.com/
TECNOLOXÍA TÉXTIL
https://tecnoloxiatextil.blogspot.com/
A CHAVE DE CANNAS
https://achavedecannas.blogspot.com/
ARTE DE VARIAR
https://artedevariar.blogspot.com/
EL ARTE Y LA CIENCIA DE VARIAR
https://elarteylacienciedevariar.blogspot.com/
O LIBRO DA HOSPITALIDADE
https://sandaliasdemuller.blogspot.com/
LIBROS DE MADEIRA
https://librosdemadeira.blogspot.com/
THE BANGALOW PALM PROJECT
https://thebangalowpalmproject.blogspot.com/
O LIBRO DA AUGA
https://olibrodaauga.blogspot.com/
O BOI E A CASA
https://oboieacasa.blogspot.com/
NA PORTA DE BUEU
https://portadebueu.blogspot.com/
CÓDICE CANNAS
https://codicecannas.blogspot.com/
GHALORCHOS
https://osghalorchos.blogspot.com/
ERA IKHTHYS
https://eraikhthys.blogspot.com/
EPVA IES MESTRE LANDÍN
https://epvaiesmestrelandin.blogspot.com/
 ARTES DE PESCAR
https://artesdepescar.blogspot.com/
A FOUCE DE CANNAS

SOMOS NÓMADES

DA TEORÍA DE PROCESOS E DA TECNOLOXÍA TÉXTIL DE ROTEIROS E DE RIBAS A Techne Téxtil. O Códice. Roteiros no mar. Somos nómades. Soament...